publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Carlos Cobos do Mutua de Levante finaliza como primeiro líder da Ruta do Albariño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesMeaño
A-
A+
Carlos Cobos no podio

Carlos Cobos no podio

A primeira Xornada da Ruta do Albariño para junior e Sub 20 saldouse cos triunfos de Carlos Cobos (Mutua de Levante) na cronoescalada ao Alto de Busto na sesión matinal e de Alejandro Regueiro (Mobles Compostela) no sector en liña que se disputou pola tarde con saída e chegada á localidade de Meaño.

O primeiro sector mantivo a emoción e a incerteza xa que parecía que Abel Gonzalo do Zugor de León íase a levar a vitoria cun tempo 10 segundos mellor que o mellor do ano 2013, pero apareceron dous homes do Mutua de Levante, Eusebio Pascual e Carlos Cobos (segundo na pasada edición) que rebaixaron os 9,18 de Gonzalo a 9,17 e 9,06 respectivamente.

Xa pola tarde a escasa marxe de segundos provocou a loita con intentos de corte, por parte sobre todo do Cambre, con todo o control do Mutua de Levante motivou unha chegada masiva a Meaño cun bonito e disputado sprint no que se impuxo o compostelán Alejandro Requeiro.

A xeral a comanda Cobos con 11 segundos sobre o seu compañeiro Eusebio Pascual e 12 sobre Abel Gonzalo. O primeiro galego é Alexandre Rodríguez (C.C. Cambre) cuarto a 14 segundos e o primeiro Junior é outro galego, Samuel Soto (E. C. Redondela), 5º a 47 segundos.

A festa do ciclismo en Meaño viuse embazada polo accidente ocorrido esta mañá en Viladesuso no que unha grupeta habitual foi vítima da imprudencia do condutor dunha furgoneta que provocou lesións de diversa consideración no colectivo que se saldou cun balance de 8 feridos, con peor prognóstico para Aida Valiño e Carlos Santos. A Federación Galega de Ciclismo e a Ruta do Albariño únense ás mostras de repulsa polas imprudencias e os accidentes que sofren os ciclistas e apela ás institucións responables pola mellora e a toma de medidas en materia de seguridade viaria.

21 de xuño de 2014 | 20:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.