Cangas pon en marcha catro cursos de formación para o emprego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Concellaría de Emprego do Concello de Cangas iniciará en breve 4 cursos que lle acaba de conceder a Consellería de Traballo da Xunta de Galicia. Están dirixidos preferentemente a persoas en desemprego e os 4 vanse impartir no centro homologado da Casa de Oficios do Concello (Avda. de Bueu, 15 / 986304650).

En concreto realizaranse dous de “Creación e xestión de microempresas”, con 538 horas cada un, e dous de “Xestión administrativa e financeira do Comercio Internacional”, con 678 cada un. Todos contan con prácticas en empresas e o alumnado poderá obter o respectivo certificado de profesionalidade da especialidade. Trátase de cursos gratuítos, con posibilidade de obter diferentes axudas económicas segundo as circunstancias de cada participante, cun máximo de 15 alumnos por curso.

As persoas ocupadas tamén poden solicitalo no centro de formación para o caso de que quedara algunha praza que non se cubra con persoas desempregadas. Os interesados poden solicitar máis información na Casa de Oficios do Concello (986304650), debendo solicitalo así mesmo na Oficina de Emprego de Cangas.

9 de xuño de 2014 | 19:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.