Cangas comeza o prazo de presentación de solicitudes para o programa “Coidarte 2014”
O Concello de Cangas, a través da concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Muller adheriuse ao programa “Coidarte 2014” promovido pola Deputación de Pontevedra.
Esta iniciativa ten como finalidade fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas, establecendo novas relacións sociais e favorecendo a participación en actividades que favorezan o seu estado anímico, potenciando movementos de participación e cooperación social, promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias e a súa independencia e evitando o illamento e as situacións de soidade.
Poderán beneficiarse deste programa todas aquelas persoas nacidas con anterioridade ao ano 1964, este incluído, os xubilados ou pensionistas ou aquelas persoas que precisen dun respiro familiar cun informe xustificativo do Traballador Social do Concello.
O Concello subvencionará unha parte da contía do prezo dos balnearios para un máximo de 80 usurarios.
Os custo do programa sufragado oscila entre os 19 e os 71 euros para cada usuario dependendo do balneario escollido. O prezo inclúe traslado dende o lugar de orixe ata o establecemento elixido; dúas horas diarias durante 5 tardes seguidas nas instalacións do balneario, spa ou talaso elixidos; gorro e chanclas; refrixerio para despois da actividade correspondente; excursión; seguro de viaxe e guía acompañante.
Os interesados deberán presentar as súas solicitudos entre o 24 e xuño e o 23 de xullo no Centro Municipal de Benestar Social en horario de 9:30 a 13:30.
Os centros adheridos a este programa son o Balneario de Cuntis, o da Toxa, Mondariz; Talasso Moaña, Oia, O Grove e Lalín.











