Cangas avanza na recuperación do Casco Vello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

O Concello de Cangas continúa traballando en prol da recuperación do Casco Histórico da vila coa colaboración da Deputación de Pontevedra, que permitirá ao goberno local desenvolver actuacións de mellora das rúas Anotnio Garelly e Pablo Iglesias.

O proxecto de renovación urbana de ambas rúas ten como finalidade modernizar as instalacións existentes potenciando os valores arquitectónicos da construción mariñeira que aínda se poden apreciar nalgunhas das casas presentes nelas.

Para conseguilo procederase á substitución do pavimento existente por un solado de pedra e á completa reposición dos servizos de abastecemento, saneamento, iluminación e gas.

O orzamento necesario para estas actuacións é de 218.323 euros no caso da Rúa Antonio Garelly e de 197.408 euros para a Rúa Pablo Iglesias.

O alcalde de Cangas José Enrique Sotelo afirma que “Unha das prioridades do goberno municipal nesta lexislatura é a recuperación da zona vella da vila” e agradece á Deputación de Pontevedra a súa colaboración neste proxecto.

Ata o de agora xa se levaron a cabo actuacións de recuperación urbana nas rúas Nova, Retrama, na Praza da Constitución, rúa da Palma, rúa Alfredo Saralegui e os reus arredores entre outras.

 

11 de xuño de 2014 | 19:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.