Cangas acolleu as probas prácticas para os aspirantes a patróns

Probas para patróns en Cangas
Hoxe realizáronse ás probas prácticas correspondentes ao proceso selectivo posto en marcha polo Concello de Cangas para a contratación de 3 patróns e 15 socorristas de cara a próxima campaña de verán para mellorar a seguridade nos areais municipais.
Pasadas ás 10.00 horas comezaron os exames prácticos aos dez candidatos ás prazas de patróns nas inmediacións do Porto Deportivo, prolongándose a realización das probas ata ás 12.30 horas. Os aspirantes tiveron que realizar exercicios relacionados co arranque, atraque e amarre da embarcación, navegación, aproximación e rescate dunha víctima e nós entre outros que foron valorados polo tribunal cualificador.
Mañá será a quenda dos aspirantes socorristas que superaron a proba escrita eliminatoria e que deberán realizar o exame práctico a partir das 10.00 horas na praia de Rodeira. Unha vez finalizadas as probas procederase a establecer a puntuación final da oposición para a proposición ao órgano competente do nomeamento aos candidatos con mellores puntuacións, cumprindo o establecido nas bases da convocatoria.











