Cangas acollerá o ‘VI Torneo Aberto de Xadrez’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Esta fin de semana Cangas celebrará a ‘VI Torneo Aberto de Xadrez’ organizado pola Fundación Cangas Deporte. No evento, que terá lugar o domingo ás 10.30 horas na Alameda Nova, poderán participar persoas de tódalas idades. Aproba constará de varias quendas que seguirá no sistema suízo emparellando inicialmente os encontros seguindo a orde alfabética para despois continuar os enfrontamentos segundo a puntuación do encontro anterior tratando de agrupara os xogadores dun nivel similar. En total estímase que se celebren ata 6 rondas finalizando o evento ás 14.00 horas coa entrega de premios aos tres mellores clasificados.

O prazo de inscrición está aberto. Os interesados poden formalizala na Fundación Cangas Deporte en horario de 09 a 14 horas ou un cuarto de hora antes de proba na Alameda Nova.

23 de xuño de 2014 | 14:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.