Cangas acolle a charla “Emprendendo en comercio electrónico con éxito”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Esta mañá a Casa de Oficios Lorenzo Corbacho acolleu unha nova actividade dirixida aos emprendedores do municipio.

A charla “Emprendendo en comercio electrónico con éxito” estivo impartida por Mª del Carmen Fernández González, da empresa local Infinitum E-comerce e por Alberto Aval, de CorvusBelli, empresa de grande experiencia en comercio electrónico e comercio internacional.

Dos asitentes, dunha media de idade de entre 30 e 40 anos, un 40% teñen na actualidade un negocio aberto, outro 20% están en trámites de constitución, e o restante 40% son emprendedores/as con ideas de negocio concretas.

Durante a charla abordáronse abordaron diferentes estratexias, consellos de funcionamento, e análise de boas e malas prácticas de implementación de negocio on-line.

Dende a organización queren salientar o grao de implicación dos emprendedores tanto nesta actividade coma en todas as que se veñen realizando mensualmente dende o pasado mes de outubro. Durante os meses de verán realizarase un pequeno parón na Aula do Emprendedor pero a concellería de Emprego afirma que as actividades se retomarán tras a época estival.

Berta Pérez coma responsable deste área destaca a importancia e a necesidade de asesorar e apoiar aos emprendedores para que poidan transformar nunha realidade as súas ideas de negocio. Así mesmo, quere agradecer persoalmente a todos e todas os participantes involucrados dende o inicio destas actividades a súa implicación en todas as accións desempeñadas dende a concellería de Emprego e espera que lles foran útiles e de interese para entre todos “conseguir que diminúa o paro no noso municipio”.

11 de xuño de 2014 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.