publicidade hoxe

Campamento Urbano e Deportivo 2014 “Crearte” en Rianxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRianxo
A-
A+

Os Servizo de Deportes e de Xuventude do Concello de Rianxo vai desenvolver ao longo do verán 2014 o Campamento Urbano e Deportivo “Crearte”. Esta actividade está dirixida a nenos e nenas nados entre o 2002 e o 2010 e terá un total de 210 prazas. As actividades desenvolveranse de luns a venres en horario de 10:30 a 13:30.

O Campamento Urbano e Deportivo 2014  “Crearte” ten como fío condutor a Arte nas súas distintas manifestacións (pintura, teatro, fotografía, escultura…), como medio de expresión e comunicación dos nenos/as: Obradoiros de pintura e escultura, de Arte Graffiti,  de customización de prendas e complementos de roupa, de danzas de aquí e de acolá, de teatro, manualidades, xogos, bailes, animación a lectura, actividades deportivas.

A dinámica de traballo do campamento será, de luns a xoves, actividades campamentais no Colexio Castelao e actividades deportivas no Pavillón Polideportivo. Os venres realizarán saídas pola vila de Rianxo, como poden ser visita polo casco urbano, polo Paseo Marítimo,…

O prazo de inscrición estará aberto dende maña, 11 de xuño ás 10 horas, ata o 22 de xuño ás 24 horas. Poderase realizar a inscrición tanto nas oficinas de Deportes como na de Xuventude, ou inscrición en liña en www.concelloderianxo.es. No caso de que o número de inscritos supere ao número de prazas realizarase un sorteo entre todos aqueles inscritos en prazo.

10 de xuño de 2014 | 20:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.