Cambre solicita unha subvención para contratar a cinco persoas perceptoras da Risga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

O Concello de Cambre solicita á Consellería de Traballo e Benestar a subvención para cinco personas preceptoras da RISGA, incluídos nas accións de fomento de emprego que puxo en marcha a Xunta de Galicia. O alcalde de Cambre, Manuel Rivas, espera que a Xunta aprobe esta subvención coa máxima celeridade para poder contratar a cinco cambreses que nestes momentos están a percibir o RISGA e que teñan serias dificultades para atopar traballo. Rivas destaca este programa de promoción de emprego autonómico e sinala que é unha aposta pola inserción laboral que ademáis redundará nun mallor servizo aos veciños de Cambre. “Os postos solicitados fannos moita falta e de seguro que axudaranos a mellorar cambre e a facilitar o acceso ao mercado de traballo destes desempleados”, concluiu.

En concreto, solicítase a subvención para a contratación de catro peóns durante 9 meses para o Programa “Brigada limpeza municipal”, e un conserxe (9 meses/ xornada 90%) para o Programa “Conserxe servizos sociais”. O obxectivo é proporcionarlles a experiencia práctica profesional necesaria para facilitar a súa inserción laboral e aprobar as accións de fomento do emprego no Concello de Cambre. No Concello de Cambre constan un total de 21 persoas beneficiarias da RISGA con 6 meses de antigüidade, con perfís que se poden adaptar ós postos de traballo dos programas solicitados, dos que poderíamos contratar ata 5 traballadores. O obxectivo do programa que ideou a Xunta é favorecer a inserción laboral destas persoas e evitar que a súa situación de exclusión social sexa permanente. Para beneficiarse dun contrato os perceptores do Risga deberán estar inscritos no Servizo Público de Emprego e levar polo menos seis meses recibindo esta axuda social.

20 de xuño de 2014 | 19:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.