Cambre pospón charlas nas parroquias sobre a administración electrónica
O goberno local decidiu pospor as charlas da campaña informativa aos veciños sobre a administración electrónica para despois do verán. Moitos dos veciños consultados, que asistiron ás seis charlas impartidas até agora, apuntaron que tal vez sería máis adecuado reunirse despois da época estival.
O executivo que dirixe Manuel Rivas asegura que se renovarán tras a época estival e ademais, lembra que se elaborará un díptico explicativo que se enviará aos veciños.
Por tanto, as charlas que estaban programadas para hoxe en Cambre e mañá O Amorne, así como o resto das parroquias nas que se ía a impartir as charlas suspéndense até outono.











