Bernardo Bish dá nome ao polideportivo de Lema

Descubrimento do letreiro co nome de Bernardo Bish
O alcalde de Cambre, Manuel Rivas, membros da corporación, ex concelleiros, familia Bish Lorenzo, Asociación Millo Verde, clubs deportivos, asociacións e traballadores municipais quixeron sumarse hoxe á emotiva homenaxe que o concello rendeulle ao que fose técnico de deportes durante 25 anos en Cambre, Bernardo Bish Lorenzo, falecido no ano 2013. O polideportivo de Brexo-Lema levará desde hoxe o nome do funcionario que impulsou a creación dos deportes minoritarios neste concello, apostou polo deporte feminino, dinamizou o deporte escolar en Concello de Cambre e, como fundador da sociedade “Millo Verde”, realizou un labor impagable no seu propósito de integrar e colaborar con nenos en risco de exclusión social a través de deporte basee. O alcalde lembrou a súa figura e asegurou que Cambre está en débeda con Bernardo, “o deporte deste concello está en débeda, nós estamos en débeda con el, e por iso é de xustiza lembrar o seu labor incansable en prol do benestar dos cambreses. Cambre é un referente no mundo do deporte, grazas en boa medida ao labor de Bernardo, por iso é lóxico e xusto que este polideportivo leve o seu nome, para que non nos esquezamos nunca de quen foi e do que fixo por nós”, apuntou o primeiro edil. Ademais, de Rivas, e antes de destapar a placa que leva o nome do funcionario, membros da Asociación Millo Verde, e familiares de Bernardo, dedicáronlle unhas emotivas palabras de agradecemento. Tras destapar a placa, os asistentes accederon ao interior do pavillón municipal para contemplar unha exposición fotográfica sobre a vida de Bish.











