Benestar Social de Ferrol achega a Alcer unha axuda dun total de 3.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O Concello de Ferrol, a través da Concellería de Benestar Social que dirixe Rosa Martínez Beceiro, vén de formalizar un novo convenio de colaboración cunha entidade de ámbito sanitario, neste caso a Asociación para a Loita Contra as Enfermidades do Ril (ALCER). A achega da Administración local para este acordo ascende a un total de 3.000 euros.

Este convenio de colaboración entre o Concello e ALCER permitirá a realización do proxecto SIO “Servizo de Información e Orientación Social” para a mellora da calidade de vida e autonomía das persoas con enfermidade renal crónica (ERC), transplantados e as súas familias. Este acordo ten como obxecto proporcionar unha atención integral, integradora e participativa de forma que dende o SIO, a educadora social realiza a derivación dos usuarios/as aos servizos internos ou externos oportunos; e o grupo de voluntariado da entidade traballa nas actividades de sensibilización social, promocionando a doazón e transplante de órganos e tecidos.

Así mesmo, a formalización do convenio axudará á identificación e contacto con persoas enfermas ou non para proporcionarlles os recursos, canles de comunicación, coñecementos, información e formación básicos para desenvolver o seu rol de líder de opinión; así como servir de mediación coas entidades públicas ou privadas. Ademais, se prestará atención e asesoramento ás persoas enfermas a través do desprazamento mensual de persoal ás Unidades de Hemodiálise para informar aos doentes de novidade e recursos á súa disposición.

26 de xuño de 2014 | 11:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.