Beiras observa na abdicación do Rei Juan Carlos un golpe de man que atribúe aos resultados de PP e PSOE

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia-
A-
A+
Europa Press

O voceiro parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda e líder de Anova, Xosé Manuel Beiras, manifestou que o “cambio dun Borbón por outro” supón un “golpe de man”, o cal atribúe -entre outras cuestións – aos resultados electorais “dos partidos do réxime” que quedaron “deslexitimados”, e pediu un proceso “constituínte”.

Nunha primeira avaliación tras coñecerse a abdicación do Rei, Beiras advertiu de que a el “non lle vale” un proceso “cociñado por arriba” que remate cun referendo, senón que pide unha república na que previamente cataláns, vascos e galegos decidan sobre o seu futuro e se queren formar parte dese proxecto futuro.

“Ten que ser un proceso deconstituyente e constituínte”, sinalou Beiras, antes de realizar unha “exhortación” ás forzas políticas da esquerda rupturista e aos nacionalistas que se moven nestes termos para lograr unha “grande fronte popular” e conseguir “unha quebra democrática”, non sen facer autocrítica por non chegar a este momento con esa grande alianza xa feita.

2 de xuño de 2014 | 15:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.