Beiras considera que a sentenza que condena aos concelleiros de Santiago fai xustiza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

O voceiro parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Xosé Manuel Beiras, considerou que a sentenza que condena aos sete edís de Santiago “fai xustiza” e criticou que aínda non dimitiran.

Así mesmo, e preguntado en rolda de prensa convocada de urxencia a raíz da abdicación do Rei, Beiras preguntouse se Feijóo “aínda vai dubidar de se teñen que dimitir” ou “se van esperar a se un recurso lles dá tempo e continuar no posto”.

“Francamente, non é máis que un esperpento”, cualificou o tamén líder de Anova, quen chamou a atención sobre o feito de que tivera que ser “por sentenza” a resolución da situación das institucións, e recordou que hai “outros imputados” que poden rematar nesa mesma situación.

Para Beiras, esta situación “explica perfectamente por que o monarca quere abdicar”. “É un caso máis, o problema é que está (o réxime, sistema) podre”, sentenciou, engadindo algunha excepción como a maxistratura e algún “oasis” político.

2 de xuño de 2014 | 15:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.