Balaídos será o aliado decisivo da Selección Española Sub-19 na súa final ante Alemaña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVigo
A-
A+

A Ronda Elite Sub-19 despídese mañá en Balaídos (20.30 horas) co partido soñado, cunha apaixonante final entre as Seleccións de España e Alemaña, que se xogan o seu pase ao campionato de Europa e a súa participación no Mundial Sub-20. Para que o combinado español, cos canteiráns celestes Santi Mina, David Costas e Rubén Branco nas súas filas, logre o seu obxectivo será crucial o apoio da afección. Santi Mina e o resto de integrantes da ‘rojita’ piden o apoio dos afeccionados neste xenial vídeo:https://www.youtube.com/watch?v=zEugE6nrDRE

Co obxectivo de que Balaídos se converta no aliado decisivo da Selección Española, o Real Club Celta e a Federación Española facilitarán a entrada gratuíta ao estadio aos menores de 15 anos, que poderán recoller as invitacións hoxe nas oficinas de abonados e o xoves nos despachos de billetes do estadio. O prezo das entradas para esta gran final é de só 5 euros para os que superen esa idade.

As entradas e invitacións están dispoñibles nas oficinas de abonados hoxe en horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas e o xoves, día do partido, nos despachos de billetes do estadio de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.

Ademais, o Real Club Celta e o Concello abrirán a bancada de Fondo para este partido, coas entradas a disposición de diversos colectivos sociais, educativos, culturais e deportivos da cidade.

4 de xuño de 2014 | 16:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.