Axentes da Policía Local de Vigo rescata nunha vivenda de Castrelos unha serpe

Serpe rescatada en Castrelos
Axentes da Policía Local de Vigo rescataron unha serpe que foi localizada polos propietarios dunha vivenda da parroquia de Castrelos, e devolvérona ao seu hábitat, segundo confirmaron fontes policiais.
Ese luns, a última hora da tarde, axentes da Unidade Ambiental de Intervención Rural acudiron a unha vivenda do Camiño Eixón, en Castrelos, alertados da presenza dunha serpe de grande envergadura.
Unha vez alí, comprobaron que se trataba dun exemplar dos denominados bastardos, dun metro e medio de lonxitude. O animal atopábase atrapado nunha rede e foi liberado polos axentes que, posteriormente, a devolveron ao seu hábitat.
Por outra banda, a Policía Local identificou unha veciña de Monforte de Lemos, A.F.S., de 24 anos de idade, que foi sorprendida na madrugada do luns arrancando flores ornamentais na Praza de Compostela.











