Avances cara unha posibles solucións ao desafiuzamento dunha familia dos Duráns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Comisión de Desafiuzamentos creada no Concello avanzou este mediodía na busca dunha solución para o expediente de desafiuzamento que afecta a unha familia dos Duráns. O órgano municipal e representantes da entidade bancaria coa que a afectada mantén unha débeda reuníronse hoxe para ver as alternativas existentes para poñer fin a asunto de forma satisfactoria para ámbalas dúas partes.

A reunión presidida pola concelleira de Servizos Sociais, Elena Suárez, contou coa presenza dos representantes dos tres grupos da oposición, da propia afectada, da avogada dos Servizos Sociais que se encarga de asesorar este tipo de asuntos, representantes da Alpa e do banco.
A entidade, que dende o primeiro momento puxo de manifesto a súa total disposición a buscar posibles solucións, presentou catro propostas para que a afectada poda refinanciar a débeda e paralizar así o procedemento de desafiuzamento.

Agora, será a afectada quen terá que decidir pola opción que lle conveña para decantarse, para o cal contará co asesoramento xurídico da técnico de Servizos Sociais.

6 de xuño de 2014 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.