publicidade hoxe

Atopan no conxelador dun piso de Ponteareas restos humanos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonteareasSucesos
A-
A+
Europa Press

A Guardia Civil de Pontevedra investiga o achado duns restos humanos nunha hucha conxeladora nunha vivenda no termo municipal de Ponteareas (Pontevedra) que poderían corresponderse cun varón de entre 30 e 50 anos.

Segundo informaron este mércores fontes da investigación, sobre as 18,30 horas do martes o propietario da vivenda, situada na Avenida Castelao de Ponteareas, chamou ao Instituto Armado.

Ao lugar acudiron axentes da Benemérita, que procederon a abrir a hucha conxeladora que estaba pechada na vivenda, no interior da cal acharon restos “que podían ser humanos”.

A Policía Xudicial da Guardia Civil abriu unha investigación para saber a quen corresponden os restos e esclarecer o sucedido na vivenda.

As mesmas fontes sinalaron que o piso onde foron localizados os restos, que o propietario ten en aluguer, estaba baleiro e non había inquilinos neste momento.

11 de xuño de 2014 | 10:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.