Asime celebra unhas xornadas ergonómicas para evita lesións musculoesqueléticas

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Vigo ▼
A-
A+

A Asociación de Industriais Metalúrxicos, ASIME celebrou hoxe a xornada con título “Implantación de Melloras Ergonómicas nas Áreas de Produción” Este evento está enmarcado dentro do paquete de actuacións que ASIME desenvolve co apoio da Consellería de Traballo e Benestar dentro do marco das Axudas para o Fomento da Prevención de Riscos Laborais da Comunidade Autónoma de Galicia A ergonomía estuda cientificamente o traballo humano co obxectivo de crear ferramentas, equipos e tarefas, acomodándose ás limitacións e optimizando as capacidades físicas e mentais do home.

A xornada foi inaugurada por D. Enrique Mallón Otero, secretario Xeral de ASIME, e Dna. Adela Quinzá Torroja García, Directora do Instituto Galego de Seguridade e Saude Laboral, entidade coa cal colabora estreitamente ASIME e desenvolve proxectos en común. Nesta xornada contouse coa intervención de D. Javier Llaneza Álvarez Responsable de de Hixiene e Ergonomía na industria ARCELOR MITTAL e Presidente da Asociación Española de Ergonomía, que expuxo as súas ideas sobre a mellora das condicións de traballo baixo un prisma ergonómico e tamén as súas experiencias na implementación nas áreas de produción.

No seu relatorio resaltou a importancia de considerar á ergonomía como unha ciencia multidisciplinar e transversal dentro da prevención de riscos, e de como esta pode repercutir nunha mellora da produción e competitividade das empresas. Tamén participou D. Gustavo Rial, Xerente de SGS SINERCO, cuxa exposición levou por título “Nova ergonomía para novos tempos “ e no seu relatorio destacou a importancia da ergonomía como unha ferramenta que achegue solucións prácticas e non só.

diagnósticos, presentando tamén exemplos de novas tecnoloxías aplicables a esta disciplina. Pola súa banda D. Rafael Tejedor Lorenzo, da área de ergonomía de Asime, declarou que “hoxe inauguramos a área de ergonomía de ASIME que ten como obxectivo asesorar ás empresas e elaborar análises ergonómicos, deseños e rediseños de postos de traballos, e estudos de factores como a carga física e mental, para o que dispomos dun equipo portátil de última xeración para a captura e análise tridimensional en tempo real dos postos de traballo”

25 de xuño de 2014 | 17:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.