Asemblea Electoral da Asociación de Empresarios Ferrolterra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O mércores, 11 de xuño de 2014, ás 18,30 horas en primeira convocatoria e ás 19,00 horas en segunda, celebrarase a Asemblea Electoral da Asociación de Empresarios Ferrolterra en Sercotel Odeón.

A Asociación de Empresarios Ferrolterra constituída en 1992, renova cada catro anos o seu xunta directiva, en base ao establecido nos seus estatutos. No mandato que agora finaliza (2010- 2014) e no anterior (2006-2010), a asociación estivo presidida por José Ramón Franco Caaveiro.

Nesta ocasión, presentouse unha única candidatura, encabeza por José Ramón Franco, e segundo recollen os estatutos da AEF, no artigo 33, esta poderá ser elixida por aclamación.

10 de xuño de 2014 | 12:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.