As Vodas de Ouro da Festa do Deporte vilagarcián comeza con actividades para os escolares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Fundación Municipal de Deportes abre mañá os actos conmemorativos das Vodas de Ouro da Festa do Deporte Local. Os escolares serán os primeiros en participar nas actividades a desenvolverse en Fexdega e que terán continuidade durante toda a xornada do sábado coa participación dos clubs do municipio nas exhibicións deportivas de mañá e tarde e que están abertas a todo o público. O colofón da XXV Festa do Deporte porase na Gala que se celebrará o sábado pola note no Salón García e na que, ademais de coñecerse o gañador do Premio Mellor Deportista do Ano, entregaranse as mencións especiais e recoñecerase ás xóvenes promesas do deporte vilagarciano.

A XV Festa do Deporte Local comeza mañá pola mañá cun circuíto de actividades lúdico deportivas a celebrar en Fexdega e nas que participarán case 300 escolares dos centros educativos de Primaria. As actividades comezarán ás 10 da mañá e prologaranse ata as 13. 30 horas. Os alumnos dividiranse en grupos para ir pasando polas 9 estacións de actividades montadas a xeitod e circuíto. Así, todos poderán practicar multihabilidades, floorball, palas, cachiball, rugby, brilé, baloncesto, fútbol e xogos populares. Os nenos e nenas estarán dirixidos polos monitores da Fundación de Deportes.

A xornada central da festa do deporte será o sábado. Debido ás previsións meteorolóxicas que dan chuvia para ese día, a Fundación decidiu trasladar o programa de actividades ao pavillón de Fexdega. A cuberto, celebraranse en horario de mañá e tarde as diferentes exhibicións que ofrecerán os deportistas dos numerosos clubs existentes no municipio e nas que terán especial protagonismo os deportistas das bases.

As exhibicións están abertas a todo o público e, para que tamén os máis pequenos poidan divertirse, no recinto haberá varios xogos inchables por deferencia de Gadisa. E para que as forzas non fallen con tanta actividade, os deportistas participantes nas exhibicións poderán repoñer enerxías cons “Bocatas Saudables” que ofrece a Consellería do Mar a base de conservas e vexetais.

Ademais das exhibición, no pavillón instalaranse distintos espazos informativos por parte de algúns clubs, como o Club de Natación e salvamento Acuático Vilagarcía, o Club Kenpo, o Judo Club Vilagarcía, o club de Esgrima ou o Motoclub.

A XV Festa do deporte rematará co broche de ouro da Gala do Deporte, un acto que terá lugar no Galón García a partir das 21:00 horas. A gala deste ano será especial debido á conmemoración das vodas de ouro da Festa do deporte, polo que o acto fará un breve repaso a estes 25 anos promocionando o deporte local e recoñecerá ás persoas e colectivos que participaron nesta andaina.

O presentador da TVG, Terio Carrera, dirixirá a gala na que se dará a coñecer o nome do gañador do Mellor Deportista Local. Os finalistas que aspiran ao galardón este ano son Adrián Domínguez Fajardo (Vela), o Equipo Senior da Agrupación Deportiva Cortegada (Baloncesto), Daniel Abalo Paulos (Fútbol), Carlos Paz Blanco (Vela), e o Equipo Absoluto de Exhibición do Club Taekwondo Olimpic Vilagarcía.

Tamén se fará entrega das mencións especiais a persoas, colectivos, clubs ou empresas que teñan destacado pola súa labor deportiva ou de promoción do deporte, e por último concederanse as Distincións aos Deportistas de Base cuxas traxectorias salientaron este ano.

O programa de actividades da XV Festa do Deporte:

VENRES 06 DE XUÑO
Recinto Multiusos de Fexdega

10.00-13.30h.- Actividade Lúdico-Deportiva Escolar

SÁBADO 07 DE XUÑO
Recinto Multiusos de Fexdega

10.30-12.30h.- Baloncesto
Fútbol
Esgrima
12.00-19.00h.- Motos/bicis
17.00-19.00h.- Tenis de mesa
Xadrez
18.00-19.30h.- Rugbi
18.00-19.30h.- Tiro con arco
19.30-20.30.- Taekwondo

Salón García
21:00.- Gala do Deporte.

5 de xuño de 2014 | 12:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.