As travesías en galeón suspéndense polos fortes ventos previstos para a fin de semana
O programa de travesías a bordo do galeón Illa de Cortegada organizadas polo Concello e a Asociación Rompetimóns non comezarán esta fin de semana xa que as viaxes previstas para mañá sábado 7 de xullo e para o domingo 8, suspéndense por motivos de seguridade xa que a previsión de fortes ventos desaconsellan a navegación. A Concellería de Medio Ambiente comezará a avisar a próxima semana aos agraciados no sorteo para as seguintes singraduras.
As seguintes travesías a bordo do galeón carrilexo desenvolverase o domingo 15 de xuño a partir das 17:30 horas e o domingo 28 de xuño ás 16:30 horas. As singraduras terán unha duración aproximada de dúas horas e en cada viaxe poderán participar 9 pasaxeiros. As visitas son gratuítas e debido ao interese espertado en anteriores edicións e á reducida capacidade da nave, Medio Ambiente decidiu este ano sortear a participación entre as persoas que se inscribiron no prazo habilitado a inicios desta semana.
O departamento que dirixe Jesús Longa recibiu 54 solicitudes, cada unha das cales pode ter anotadas ata un máximo de 4 persoas. A cada inscrición concedéuselles un número de rexistro que os interesados levaron no resgardo a efectos de coñecer o resultado do sorteo efectuado mediante un programa informático que selecciona o número aleatorio entre todos os rexistrados. O número obtido no sorteo foi o 44, polo que o luns comezarase a chamar deste número en diante para confirmar asistencia ás travesías das seguintes fins de semana. AS orde seguirase saltando ás persoa que xa participaron en travesías do galeón en edicións anteriores, a efectos de que o maior número posible de xente poida participar na experiencia de coñecer a Ría e a contorna de Cortegada navegando nunha embarcación tradicional a vela. Non obstante, estas persoas integrarán a lista de agarda á que se recorrerá unha vez esgotada a lista.
A Concellería de Medio Ambiente teñen previsto realizar máis travesías en xullo e agosto, aínda que os calendarios están sen pechar. Dado o elevado número de persoas anotadas xa, non se volverá a abrir prazo de inscrición posto que se recorrerá á lista existente seguindo a orde establecida no sorteo. No caso de baixas e de esgotar tamén a lista de agarda, volveríase a abrir un prazo de inscrición.
O galeón “Illa de Cortegada” foi recuperado pola Asociación Rompetimóns, do Carril, co patrocinio da Concellería de Medio Ambiente do Concello de Vilagarcía xa hai una anos. Dende a botadura da embarcación tradicional, o Concello organiza cada verán travesías gratuítas no galeón cun dobre obxectivo: Por un lado o de dar a coñecer o Parque Nacional das Illas Atlánticas, con especial atención á illa de Cortegada; e por outro o de promocionar unha parte da etnografía local ofrecendo a posibilidade de que os os vilagarciáns coñezan un tipo de embarcación tradicional moi común na Ría hai décadas e poidan ter a experiencia de navegar á vela.











