publicidade hoxe

As piscinas municipais de Carral reabren as súas portas este sábado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarral
A-
A+

O concello de Carral abrirá ao público o sábado 14 de xuño as piscinas municipais de Paleo, que o igual que en tempadas pasadas, terá un horario de apertura de 12 a 21 h, de domingo a luns. Estas instalacións, que datan de 1995, atópanse incluídas no Complexo Deportivo e Cultural de Paleo e están compostas de dúas piscinas, unha delas do tipo recreativo (de 25 m x 12,5 m) e outra do tipo chapoteo infantil.         

Nas piscinas, que contarán con varios socorristas para a súa vixilancia, os bañistas deberán usar roupa de baño e chanclas, sendo recomendable o uso de gorro. Ademais deberanse cumprir todas as normas relativas ás piscinas de uso público.    

Prezos:

Entrada libre diaria: 1,50 €
Entrada libre diaria para menores de 18 anos, 3ª idade e minusválidos: 1,00 €
Abono individual tempada de verán: 13,00 €
Abono familiar tempada de verán: 22,00 €
Abono individual para menores de 18 anos, 3ª idade e minusválidos: 10,00 €
Menores de 3 anos: Gratis
Voluntarios de protección civil: Entrada individual gratuíta
Aluguer de rúas dá piscina: 10 €/cale/sesión
Aluguer de tumbonas: 1,50 €
Fianza polo cartón de acceso dos socios: 3,00 €/cartón

Por outra banda, en breve presentarase a programación de actividades deportivas cara o verán 2014, dentro do cal estarán incluídos os cursos de natación entre outras moitas actividades.

12 de xuño de 2014 | 11:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.