As piscinas da Granxa abren as súas portas para o período estival
O vindeiro martes 17 abren as súas portas, para a tempada do verán, as piscinas descubertas de ‘A Granxa’, que durante este mes de xuño terán horario de 16 a 20 horas, e desde 01 de xullo ata a primeira quincena de setembro será de 12 a 21 horas (de luns a sábado) e de 11 a 21 horas (domingo).
Os prezos para acceder as piscinas descubertas ‘A Granxa’ -situadas no parque de Chaves- non varían con respecto ás tempadas anteriores:
– Menores de dous anos (eurocidadáns/as e non eurocidadáns/as): gratis.
– De dous a catorce anos cumpridos: 0,75 euros (eurocidadáns/as) e 0,90 euros (non eurocidadáns/as).
– Maiores de 15 anos (15 inclusive): 1,40 euros (eurocidadáns/as) e 1,75 euros (non eurocidadáns/as).
– Bono mensual:
Adulto: 25 € (eurocidadáns/as) e 32 € (non eurocidadáns/as).
Infantil: 12 € (eurocidadáns/as) e 16 € (non eurocidadáns/as).
– Bono tempada:
Adulto: 59 € (eurocidadáns/as) e 75 € (non eurocidadáns/as).
Infantil: 29 € (eurocidadáns/as) e 38 € (non eurocidadáns/as).
Os/as socios/as da Piscina Climatizada de Verín terán acceso gratuíto ás piscinas descubertas ‘A Granxa’ durante o mes de agosto, debido a que a mesma estará pechada durante ese mes por tarefas de mantemento e desinfección, mentres que no mes de xullo si deberán abonar a correspondente entrada cos prezos indicados con anterioridade (no mes de agosto deben presentar a súa tarxeta identificativa de socio/a da Piscina Climatizada para poder acceder, de modo gratuíto, ás instalacións das piscinas de ‘A Granxa’).
Para obter os descontos de eurocidadán/a é necesario presentar, de modo diario, a Tarxeta do Eurocidadán ou un certificado de empadroamento, senón se presentase aplicaríanse as tarifas de non eurocidadán/a ou non empadroado/a. Mentres o certificado de empadroamento debe solicitarse no Rexistro do Concello de Verín, a Tarxeta do Eurocidadán, destinada a residentes nos municipios de Chaves e de Verín de forma gratuíta, pode ser requirida nas dependencias do Municipio de Chaves ou no Concello de Verín. Para a emisión da mesma os residentes do municipio de Verín a documentación necesaria para a súa solicitude é: DNI -no caso de cidadán nacional-, certificado de residencia -no caso de cidadán estranxeiro- e cubrir a ficha de inscrición (a entregar polo GAT ou a descargar na páxina web).
Por outra banda, o Concello de Verín xa instalou á presa na praia fluvial do río Támega (na zona de San Lázaro) o que facilita o baño nesta zona durante todo o verán; e na vindeira semana xa estará tamen colocada a de Tintores.











