As Mariñas Coruñesas nomea ao gato bravo especie do ano na reserva de biosfera

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A reserva de biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo decidiuse a dar a coñecer a riqueza da fauna do seu territorio. Por iso, ás súas amplas actividades e programas, decidiu engadir a celebración dunha especie do ano.

Para inaugurar a iniciativa, o gato bravo foi designado especie do ano 2014 nas Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. É unha idea promovida pola reserva co Grupo Hábitat, unha das entidades membro.

O obxectivo é pór en valor a variedade da fauna da comarca, dando a coñecer as súas características e enviando prospeccións da súa actividade.

O proxecto dispón dunha web (gatobravo.weebly.com) con información da especie e diferentes vídeos. Os interesados poden descargar as fichas en caso de avistamentos e así achegar datos á iniciativa.

Previsiblemente no mes de setembro, a reserva e o Grupo Hábitat levarán a cabo unha xornada sobre o gato bravo, incluída dentro deste nomeamento de especie do ano.

19 de xuño de 2014 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.