As escolas municipais de patinaxe da Laracha finalizan a tempada cunha exhibición
As escolas deportivas municipais de patinaxe do Concello da Laracha puxeron o punto e final á súa actividade da temporada 2013-14 coa exhibición que se desenvolveu o pasado martes no pavillón do IES Agra de Leborís.
Ao espectáculo asistiron familiares e amigos dos máis de medio centenar de rapaces que veñen practicando esta modalidade deportiva desde o pasado mes de novembro no marco do programa de actividades organizado polo Concello da Laracha.
Durante sete meses, o desenvolvemento da actividade nas escolas deportivas municipais de patinaxe realizouse en dous grupos. O da Laracha realizou as súas sesións no pavillón do IES Agra de Leborís e o de Caión, no pavillón municipal existente na parroquia costeira.











