publicidade hoxe

As Escolas Deportivas da Baña finalizan o curso cunha ruta de sendeirismo de 8 quilómetros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Baña
A-
A+

As Escolas Deportivas Municipais da Baña despediron este fin de semana a tempada. Entre os obxectivos fixados para a volta do verán está tramitar e conseguir a federación dos equipos de benxamín e alevín da Baña nas ligas de Fútbol 7 da Federación Galega de Fútbol. Así o anunciou o concelleiro de Xuventude e Deportes do Concello da Baña, Manuel Tourís.

Un total de 60 persoas entre pais, nais, nenos e nenas participaron durante a mañán do pasado sábado nunha rota de sendeirismo de oito quilómetros polos arredores de San Vicenzo, capital da Baña. Os sendeiristas estiveron acompañados dos monitores Adrián e Sergio e polo concelleiro de Xuventude e Deportes, quen exerceu de guía durante a rota, que durou arredor de dúas horas e media. Tras repoñer forzas, os camiñantes asistiron á reproducción dun vídeo de 12 minutos de duración que resume o que foi este curso 2013/2014 nas Escolas Deportivas Municipais da Baña, que cada ano contan con máis participantes.

Xa na tarde do sábado continuaron as actividades con inchables e partidillos de fúbol, voleibol e outros deportes. Foi unha xornada festiva que supoñía o colofón ás Escolas Deportivas Municipais. No remate da xornada o Concelleiro de Xuventude e Deportes despedía a tempada anunciando a apertura da sala fitnes do pavillón municipal de deportes nun horario máis amplo de cara ao próximo curso para chegar a máis usuarios. Tamén, e en colaobración coa S. D. A Baña, as Escolas Deportivas Municipais da Baña iniciarán o proceso para federar aos equipos benxamín e alevín nas ligas de fútbol 7 da Federación Galega de Fútbol.

2 de xuño de 2014 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.