As Cancelas volverá ser escenario dun gran evento para acoller o partido da selección

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Ver un partido de España nas Cancelas é diferente, o é pola gran pantalla de 4×3 metros coa que o centro quixo destacarse, pero tamén pola gran cantidade de actividades que quentan o ambiente xa desde o catro e media da tarde con Cheerleaders, un concerto da Banda de Nash e até o seu propio faladoiro deportivo da man de César Méndez, xornalista deportivo na RTVG.

O toque de humor pono David Perdomo, o Koruño, que amenizará a velada cun monólogo futboleiro e que nos axudará a encaixar a eliminación cun sorriso.

Ver o partido nas Cancelas volverá ter premio. Durante o partido sortearase 1 televisión LED de 32 polgadas, camisetas oficiais da Vermella, balóns oficiais da selección e entradas de cine, que se entregarán aos 20 primeiros que se presenten no punto de atención ao cliente levando unha camiseta da selección.

Durante os partidos será posible ademais gozar de canas a 1 euro e dun dous por un en ceas.

23 de xuño de 2014 | 10:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.