As Cancelas instalará unha pantalla xigante para ver os partidos da ‘Roja’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Presentación da campaña

Presentación da campaña

Coincidindo co inicio da Copa do Mundo de Fútbol, esta mañá As Cancelas presentou o seu programa de actividades co que pretenden converter cada partido de España nun espectáculo único.

Para iso colocaron na segunda planta do centro comercial un verdadeiro pantallón de 5 x 3 metros, trátase da pantalla do popular Festival de Cans, coa idea de que un partido nas Cancelas sexa unha experiencia “de película”.

Os partidos irán ademais acompañados dun gran programa de actividades para quentar o ambiente desde as 18:00, con Cheerleaders, concertos da Banda de Nash, espectáculos de capoeira e até a súa propia propio faladoiro deportivo da man de César Méndez, xornalista deportivo na RTVG presente na rolda de prensa.

Para achegar un lado cómico co que saber encaixar con humor tanto as vitorias como as derrotas, os partidos de España contarán con monólogos humorísticos. O primeiro deles protagonizarao Pepo Suevos, que estivo na rolda de prensa, e tras el virán Oswaldo Digon e David Perdomo, o Koruño.

Ver os partidos nas Cancelas ademais terá premio. Estes días está previsto o sorteo de 8 televisións LED de 32 polgadas e unha de 60 polgadas, camisetas oficiais da Roja, balóns oficiais da selección e entradas de cine, que se entregarán aos 20 primeiros que se presenten a cada partido de España levando unha camiseta da selección.

Ademais, durante os partidos será posible gozar de canas a 1 euro e dun dous por un en ceas.

Os responsables das Cancelas manifestaron o seu desexo de que cada partido de España sexa unha verdadeira festa á que están convidados todos os santiagueses.

12 de xuño de 2014 | 18:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.