As Cancelas conxúrase para apoiar á “Roja”
Tras o xerro de auga fría da estrea mundialista, os seguidores da Roja volverán ter unha cita na segunda planta do centro comercial hoxe mércores para ver á súa selección baterse contra Chile.
O partido poderá verse desde un pantallón de 5 x 3 metros. Os partidos irán ademais acompañados dun gran programa de actividades para quentar o ambiente desde as 18:00, con Cheerleaders, concerto da Banda de Nash e até a súa propia propio faladoiro deportivo da man de César Méndez, xornalista deportivo na RTVG.
Todos aqueles que sufran coa derrota contra Holanda, poderán atopar un antídoto no monólogo de Oswaldo Digón, que nos arrincará un sorriso antes de empezar o partido.
Ver o partido na As Cancelas volverá ter premio. Durante o partido sortearase 1 televisión LED de 32 polgadas, camisetas oficiais da Vermella, balóns oficiais da selección e entradas de cine, que se entregarán aos 20 primeiros que se presenten no punto de atención ao cliente levando unha camiseta da selección. Ademais, asistindo a 4 dos 8 partidos que se celebran no centro comercial, os asistentes poderán participar no sorteo dunha televisión LED de 60 polgadas que se celebrará o domingo día 13 de xullo durante o partido da final.
Durante os partidos será posible ademais gozar de canas a 1 euro e dun dous por un en ceas.











