As Cancelas continúa envorcándose co Mundial
A pesar da eliminación da “Roja”, As Cancelas continuará convertendo os partidos do mundial nun verdadeiro espectáculo. Xa sen a selección española, os focos centraranse esta tarde desde as 18:00 na “Canarinha”.
O Brasil – Chile poderá verse desde un pantallón de 4 x 3 metros e irá acompañado do seu propio faladoiro deportivo da man de César Méndez, xornalista deportivo na RTVG.
Ver o Mundial nas Cancelas volverá ter premio. Durante o partido sortearase 1 televisión LED de 32 polgadas, unha camiseta oficial da selección e un balón oficial da selección. Ademais, asistindo a 4 dos 8 partidos que se celebran no centro comercial, os asistentes poderán participar no sorteo dunha televisión LED de 60 polgadas que se celebrará o domingo día 13 de xullo durante o partido da final.











