publicidade hoxe

Artistas locais de Arzúa protagonizan na Capela da Madanela unha exposición colectiva

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúa
A-
A+

Unha exposición colectiva con obras de artistas locais ocupará durante os vindeiros días o incomparable marco da Capela da Madanela en Arzúa. O Departamento de Cultura do Concello é o encargado de botar a andar esta nova iniciativa que se presenta como unha oportunidade única para que os artistas do noso pobo amosen o mellor das súas creacións.

Alí estarán presentes Anxo Orois, Magaga, Alejandro Vidal, MªJosé Plata, Manuel Suárez, Elisardo e Jesús Manuel Oubel, Andrea Birsanu, Rebeca Novo, Luis Manuel Souto, MªCarmen Sanmartín, Marisa Gil, Oliva Cea e Mª Teresa Camino.

A mostra amosará os traballos destes catorce veciños e veciñas que se adican, de xeito afeccionado ou profesional, a distintas disciplinas artísticas como pintura, debuxo ou fotografía; moitos deles realizan obras feitas a man en madeira. Como artista convidado, tamén participará o escultor Óscar Aldonza  presentando a colección de esculturas ‘Materia Metamorfosis’, unha mostra de esculturas  de última factura, realizadas en bronce e madeira e coordinada por Cristina Carballedo.

Oscar Aldonza é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Sevilla na especialidade de escultura. Na actualidade  combina a súa traxectoría expositiva coa docencia, xa que é profesor de escultura e deseño no EASD Mestre Mateo en Santiago de Compostela. Participa desde o ano 1998 en distintas exposiciones individuais e colectivas. Tamén é autor de numerosos monumentos publicos sendo o último ‘Armilar 2014’ ubicado no parque das Ciencias en Santiago de Compostela.

Na inauguración, que se celebrará este venres ás oito e media da tarde, contarase coa actuación musical da solista local Aldara Gómez. A mostra poderase visitar ata o día 15 deste mes en horario de sete a nove do serán.

O alcalde, José Luís García, quere agradecer públicamente a colaboración de todos estes artistas na iniciativa promovida dende o departamento de Cultura e convida a todos os veciños e veciñas a ser partícipes desta acto que “se presenta como unha alternativa cultural máis no noso concello e como posta en valor dos nosos artistas máis próximos que queren amosar a súa valía e o mellor dos seus traballos”.

4 de xuño de 2014 | 19:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.