publicidade hoxe

Arranxos nas parroquias guitiricenses de Becín e Buriz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGuitirizLugo
A-
A+

A Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, supervisou hoxe en Guitiriz as actuacións executadas en núcleos rurais con 24.000 euros que o organismo provincial aforrou ó Concello, posto que se investiron en melloras de vías públicas municipais en beneficio dos 60 veciños da zona. 

En Becín, parroquia cuns 20 habitantes, o organismo provincial financiou o aglomerado en quente da vía pública que une os núcleos de Tarulle con Moeiro. En Buriz, que conta con 40 veciños, este orzamento serviu para reparar o camiño público entre Vilariño e Xestoselo, que dá acceso ás fincas agrogandeiras da zona.

Estes traballos foron solicitados polos colectivos veciñais de San Julián de Becín e a As Calzadas de Buriz, que teñen unha intensa actividade tanto cultural como medioambiental. Estas dúas parroquias son as únicas no municipio de Guitiriz que non contan con comunidades de montes, polo que non teñen recursos económicos para o arranxo destes camiños.

A Deputación financiou estas actuación co Plan de Comunidades Veciñais, achegando a cada asociación 12.000 euros. Estas obras melloran a calidade de vida no rural e facilitan o traballo no campo. Ademais, contribúen ó mantemento do emprego na provincia, posto que as asociacións beneficiadas contrataron estes traballos a autónomos e PEMES da zona.

4 de xuño de 2014 | 17:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.