Arranque do Campionato de España de Surf por Equipos Autonómicos

Sofía de Toro na proba de surf
Galicia, Cantabria, Andalucía, Canarias, Asturias e Valencia. As tres primeiras repetindo como segundo ano consecutivo neste campionato por equipos retomado o pasado ano no areal de Doniños, e as dúas últimas, Asturias e Valencia uníndose este ano.En total disputaranse 36 horas de competición entre hoxe luns e mañá martes día 1 de xullo entre as seis seleccións autonómicas.
Ás 11.45 horas acompañados dun tempo bastante inestable, comezaban o campionato as mozas de Surf Sub 14 onde a cántabra Belén Botín colocábase na primeira posición na súa primeira manga, sendo segunda a canaria Cahora Romeu, terceira Paula Martiño de Asturias e en cuarta posición a galega Carla Mosquera. Estas catro xóvenes disputaranse mañá a final de Surf Sub14.
En canto a Surf Sub14 Masculino, pasan á final Joan Villar de Cantabria, o galego Carlos Vázquez, Yael Pena desde Canarias e o andaluz Miguel Castrillón. Formarán parte da final de Surf Sub18 o cántabro Gonzalo Gutiérrez, o galego Martín Portijo, Luís Díaz desde Canarias e o recentemente chegado desde Asturias Diego García.
Chegando á modalidade de Surf Open, destacaron na xornada de hoxe e cunhas condicións non demasiado favorables para eles, o canario Mouro, Miguel Betegón desde Cantabria, o andaluz Juan Sánchez e por último, o local Miguel Pérez Moneo.
En SUP, Stan Up Paddle, modalidade que chegaba nova o pasado ano ao Campionato, destacou notablemente o galego Guillermo Carracedo.
En Longboard, o campión do pasado campionato, Alberto Fernández, deleitounos coas súas manobras a pesar do forte vento de noroeste; do mesmo xeito que o canario Roberto Lorenzo.
Polo que respecta ao Surf Feminino, será mañá cando se disputen a final e se proclame a gañadora de España por Equipos Autonómicos nesta modalidade. Destacar na xornada de hoxe a fluidez no surfing de Sofía de Tomás de Canarias, así como da asturiana Lucía Martiño e a galega Paula Paz. Nomear tamén a boa manga de Julia Gamero, andaluza de Sub18.
Nunha competición na que as mangas son de vinte minutos e como máximo poden coller dez ondas, reunen este ano ao Campionato de España por Equipos Valencia, pois foi este ano tamén no que se constituíron como Selección. O team-manager do equipo valenciano, Álex Valor, destacou que quizá xoguen en desvantaxe pois no mediterráneo non contan co campo de xogo co que contan outros equipos, pero que teñen un grupo novo, no que o seu punto forte, sen dúbida, é a proxección. Mozos como o seu fillo Álex de 10 anos, que compite por primeira vez na modalidade de Surf Sub 14, “ten un bo surfing, e evoluciona rápido”, destaca Valor. Nomea tamén aos xemelgos Postigo en Surf Sub 18 e a Nacho Sanchís en Open.
Álex Valor describiu ao equipo das mozas valencianas como o máis frouxo, pero que non cabe dúbida que no mediterráneo hai canteira e que aos poucos irán destacando a nivel Nacional.
Agradeceu a Hugo Sánchez, coach do equipo valenciano, a súa técnica e os seus coñecementos en competición son os que lles axudaron a chegar aquí.
O equipo asturiano, novo agregado tamén neste Campionato de España 2014, chega un pouco de casualidade, comentou o seu presidente Manu Cifuentes.
Con tan só un mes no cargo de presidente, Manuel Cifuentes atópase aínda en situación. Destacou que formar parte desta competición foi un pouco “colleito con alfinetes”, pois aos competidores informóuselles con pouco tempo e algúns deles xa tiñan compromisos. Con todo, “estamos super motivados” destaca Cifuentes. Temos un gran equipo de mozas, “é o noso punto forte” Mara Rey e Lucía Martiño son a clave no equipo feminino e a máis pequena Paula Martiño, segue os pasos das súas compañeiras.
Manu Cifuentes considera a Canarias e Cantabria como dous rivais fortes, que destacan sobre todo en Bodyboard onde eles están máis frouxos. “Son os mesmos da modalidade de surf, os que se tiveron que adaptar e participar tamén en Body” sinalou o presidente.
“Se quedamos terceiros, conformariámonos” así declara Cifuentes.











