publicidade hoxe

Apertura do prazo para solicitar permiso para as fogueiras de San Xoán en Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

A Concellería de Agricultura, Gandeiría e Montes acaba de sacar unha nota informativa, na que se abre o PRAZO PARA SOLICITAR AUTORIZACIÓN, para todos aqueles que queiran facer a tradicional Fogueira do San Xoán.

Pois ben, o prazo, que como dixemos xa está aberto, rematará o XOVES, 19 DE XUÑO. A Solicitude poderá facerse no Departamento de Agricultura, Gandeiría e Montes do Concello, sito no 1º andar da Casa Consistorial, en horario normal de oficina.

Non está demáis recordar que, para facer a tradicional fogueira, NON É VÁLIDO O PERMISO DE QUEIMA AGRÍCOLA.

6 de xuño de 2014 | 14:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.