Apertura do prazo para o campamento urbano do Carballiño
Un ano máis a área de Deportes do concello do Carballiño organiza un campamento de verán, para nenos con idades comprendidas entre os 7 e os 14 anos, que se desenvolverá integramente na vila do Arenteiro. Os interesados en participar nesta nova edición do campamento urbano poden xa inscribirse, sendo as prazas limitadas, polo que é importante acudir canto antes ao departamento de Deportes, situado na segunda planta do concello. Tamén poden inscribirse chamando ao teléfono 661120390.
O campamento de verán desenvolverase durante o mes de xullo, en horario de mañá, desde as 10:00 ás 13:30, podéndose anotar o mes completo, ou unha quincena. O prezo do mes completo será de 55 euros por neno, cunha bonificación do 20% para os irmáns. O prezo da quincena será de 35 euros, coa mesma bonificación para os irmáns.
Durante o campamento os nenos realizarán todo tipo de actividades como a procura do tesouro, xogos deportivos, talleres, ect..











