Apertura do prazo de matrícula para o Conservatorio de Cangas
Conservatorio:
>Alumnado que quere cursar 1º curso de grao elemental.
Deben pasar unha proba que terá lugar o día 23 de xuño. O prazo para inscribirse é do 16 ao 20 de xuño en horario de 16.30 a 21.00 horas. As taxas para realizar a proba deben aboarse en tesourería. No taboleiro do centro poden consultarse as prazas ofertadas nas distintas especialidades.
>Alumnado que quere cursar 1º curso de grao profesional.
Deben pasar unha proba que terá lugar os días 24 e 25 de xuño. O prazo para inscribirse é do 16 ao 20 de xuño en horario de 16.30 a 21.00 horas. As taxas para realizar a proba deben aboarse en tesourería. No taboleiro do centro poden consultarse as prazas ofertadas nas distintas especialidades.
>Matrícula para o curso 2014-2015 do 30 de xuño ao 11 de xullo en horario de 9.00 a 14.00 horas.
Escola de Música:
>Solicitudes para alumnado de novo ingreso do 30 de xuño ao 11 de xullo en horario de 9.00 a 14.00 horas. O acceso faise por sorteo (que se realizará no mes de setembro)tendo preferencia o alumnado empadroado en Cangas.
Deberán presentar para acreditala un volante de empadroamento que se lles facilitará no concello.
A oferta de prazas farase no mes de setembro antes do sorteo.
>Matrículas para o curso 2014-2015(do alumnado que xa estivo no centro no curso 2013-2014) do 30 de xuño ao 11 de xullo en horario de 9.00 a 14.00 horas.











