Apertura do prazo de inscrición para participar na excursión á Festa dos Maiores do Carballiño
A Área de Persoas Maiores organiza unha excursión para os vilagarciáns deste colectivo de idade poidan asistir á Festa dos Maiores que se celebra o sábado 14 de xuño no municipio ourensá do Carballiño. O Concello fleta tres autobuses con carácter gratuíto para o desprazamento dos interesados que deberán inscribirse a partir de mañá, 4 de xuño, nas dependencias municipais.
O desprazamento á Carballiño corre por conta do Concello, polo que os participantes á excursión só deberán facerse cargo da súa manutención. Esta viaxe enmárcase no programa actividades que a Área de Persoas Maiores organiza periodicamente para ofrecer alternativas de sociais e de ocio para a poboación de maior idade do municipio. A excursión permítelles relacionarse con outras persoas da mesma xeración, coñecer outros municipios e tamén pasar unha xornada divertida e activa na Festa dos Maiores de Carballiño, un evento ao que acoden anualmente colectivos da terceira idade de diferentes puntos de Galicia.











