Anuncio das conclusións dos traballos de mellora da operatividade dos peiraos comerciais
O Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Ignacio López-Chaves, anunciou esta mañá a conclusión dos traballos de “Mellora da Operatividade dos Peiraos Comerciais”.
Tras visitar as obras acompañado polos membros do Consello de Administración da institución para “coñecer de primeira man a situación os traballos de ampliación do Peirao do Arenal”, López-Chaves destacou o feito de dispor de preto de 50.000 m2 de superficie de almacenamento e até 16,5 metros de calado na zona da cabeceira do Peirao Transversal, o que, sen dúbida, facilitará a carga dos buques e abaratará a operativa das navieras, que poderán concentrar as súas cargas.
Segundo lembrou o máximo responsable portuario, no ano 2002, sendo Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Julio Pedrosa, “expúxose a necesidade de levar a cabo esta ampliación do Peirao, debido á falta de superficie e calado dispoñible, co que o Porto de Vigo podía sufrir unha importante perda de competitividade. Hoxe, esa superficie ampliada xa está ocupada por éolicos offshore que, polas súas grandes dimensións, só poden chegar ao Porto de Vigo, ademais de por aluminio e granito, o que demostra que esa superficie e calado eran necesarios”.
Nese sentido, quixo agradecer á empresa adxudicataria, así como aos técnicos da Autoridade Portuaria, aos anteriores Presidentes da institución olívica e aos membros do Consello de Administración que “fixeron posible esta obra”, e grazas aos que “Vigo ten hoxe un Porto mellor do que tiña fai dez anos”, xa que estas obras supuxeron un “salto cualitativo moi importante para a historia deste Porto” e “demostran, unha vez máis, que con consenso se chega sempre a bo fin”.
Datos técnicos
A mellora e ampliación dos Peiraos Comerciais ha dotado a esta zona de maior lonxitude de atracada, cun incremento da chaira portuaria e un aumento considerable dos calados, grazas á creación de tres novas aliñacións de peiraos.
A obra, adxudicada en setembro de 2009 á UTE FCC-MOVEXVIAL e CONSTRUCIÓNS DIVOS, foi proxectada sobre pilotes, ao tratarse dun método construtivo medioambientalmente máis eficaz, permitindo a circulación das correntes mariñas.











