Antonio e Álex Diz son convocados por España para o mundial universitario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

Os xogadores do Azkar Lugo FS, Antonio Diz e Álex Diz, foron convocados polo Seleccionador Nacional de Fútbol Sala para disputar o próximo Campionato do Mundo Universitario de Fútbol Sala que do 9 ao 20 de xullo disputarase na cidade malagueña de Antequera.

Deste xeito Antonio Diz e Álex Diz collen a testemuña de dous xogadores que en anteriores etapas no club tamén vestira a camiseta da selección española universitaria como foran o lucense Lois Pérez e o salmantino Juanlu.

Estes son os 14 convocados:
– Carlos Barrón (H. Llevant Manacor).
– Fede e Armando (Aljucer ElPozo Murcia).
– Iván Bernad (Colo-Colo).
– Enrique Cánovas (Plásticos Romero Cartagena).
– Marc Tolrá (Magna Navarra).
– Rafa García e Jesús Izquierdo (ElPozo Murcia).
– Barroso, David Pazos e Hamza (Santiago Futsal).
– Álex Diz e Antonio Diz (Azkar Lugo).
– Pedro García (Levante UD).

16 de xuño de 2014 | 12:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.