Andaina como actividade final dos obradoiros de maiores e asociacións de maiores
A Concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Muller organizou unha andaina o pasado xoves día 19 de xuño, como actividade final dos obradoiros de persoas maiores e asociacións de mulleres. Todo o alumnado dos obradoiros, que tiveron lugar desde o 11 de novembro de 2013 ata o 20 de xuño de 2014, estivo convidado/a a participar nesta camiñada que tivo a súa saída ás 9:30 da mañá dende o Centro Social (ó lado do Concello) ata a praia de Liméns con retorno ó concello tras dúas horas de ruta.
O obxectivo desta actividade é favorecer o encontro entre os diferentes grupos nunha actividade ao aire libre para favorecer os hábitos de vida saudables.
Desde fai anos, a Concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Muller está a desenvolver diferentes actividades para as persoas maiores do noso Concello.
Mais de 400 persoas dos obradoiros de maiores e de asociacións de mulleres participaron este ano en:
– Pintura
– Bailes de salón
– Bolillos
– Informática
– Corte e confección
– Ioga-relaxación
– Ximnasia
– Memoria
Os nosos maiores participan nos obradoiros buscando unha alternativa para ocupar ó ocio e o tempo de lecer do que dispoñen e ao mesmo tempo se lles ofrece a posibilidade de participar na dinámica social e cultural do Concello.











