Amplíase a franxa horaria dos campamentos urbanos de verán de Ferrol
A concelleira de Igualdade e Xuventude do Concello de Ferrol, Verónica Casal Míguez, presentou esta mañá os novos campamentos urbanos de verán que se desenvolverá entre o mes de xullo e agosto. Estas propostas, de carácter gratuíto, responden a necesidade da conciliación da vida laboral e familiar durante a época de vacacións escolares de verán. O prazo de inscrición se abrirá mañá martes, día 10, e estará aberto ata o vindeiro luns, día 23. Os interesados deberán presentar o certificado de empadroamento no termo municipal xunto coa solicitude no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol.
Os campamentos ofertados, que se desenvolverán nos meses de xullo e agosto, serán: “Babyocio”, enfocado aos nenos de 3 a 6 anos, e “Planeta Verano” para os de 7 a 12 anos. “Babyocio” contará cun total de 80 prazas – 40 no mes de xullo e outras 40 no mes de agosto-, mentres que “Planeta Verano” terá 140 dispoñibles -70 prazas cada mes da época estival-. A edil Verónica Casal explicou que ámbolos dous programas pretenden formar a creatividade, a comunicación, o compañerismo, a iniciativa e a autonomía estimulando aos nenos e nenas á toma de decisións e a socialización “ buscarase educar aos máis pequenos mentres se divirten” engadiu.
Estes campamentos urbanos terán actividades lúdicas e de animación, deportivas e artísticas que estarán enfocadas á franxa de idade de cada un deles. Casal Míguez destacou que este ano, como novidade, se ampliará a franxa horaria dos campamentos, “sendo de 8:30 a 14:30 horas para que se adapte ao horario laboral dos pais e nais”. En canto aos espazos que acollerán estes campamentos, “Babyocio” se desenvolverá nas instalacións da Casa da Xuventude mentres que “Planeta Verano” será no Centro Cívico e Cultural Carvalho Calero.











