Ampliado o prazo de inscrición no Open Solidario de Squash Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O Squash Santiago ampliou o prazo de inscrición no Open Solidario con Sarela que organiza durante o mes de xuño nas súas instalacións do Milladoiro (Ames). Este prazo ampliouse desde onte ao domingo, día 8, ás 22:00 h.

O torneo é unha iniciativa solidaria do club Squash Santiago destinada a recadar fondos para a Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela. A asociación agradece enormemente a organización do torneo, especialmente porque entre as súas prioridades está a prevención do dano cerebral a través dos hábitos de vida saudábeis, que pasan pola práctica de exercicio físico como o que promove o Squash Santiago.

A inscrición no Open Solidario formalízase desde a páxina web do Squash Santiago (www.squashsantiago.com) e ten un prezo de 5 euros para persoas socias do club e de 10 para o públiico xeral. Este Open Solidario xógase en seis disciplinas con varias categorías cada unha:

Squash: feminina, masculina e menores de 12 anos
Softracquet: feminina e masculina
Tenis: absoluta, veteranos +45, sub 10 e sub 15
Pádel: femenina, masculina e mixta
Volei Praia: parellas (poderán ser mixtas)
Tenis Praia: parellas (poderán ser mixtas)

O Open vaise disputar entre do 10 ao 23 de xuño nas instalacións de Squash Santiago no Milladoiro. Haberá trofeos para todas as persoas gañadoras. Todos os beneficios do torneo irán destinados á Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela.

4 de xuño de 2014 | 19:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.