publicidade hoxe

Amizade organiza unha xornada de confraternización no Grove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

A asociación Amizade organiza para este sábado, día 21 de xuño, unha nova saída de ocio e lecer en O Grove.

Ás 10:00 sairá dende a sede social da entidade (en Rúa Alemaña, 23-Baixo, Monte Porreiro) un autobús adaptado que desprazará as 40 persoas participantes ata o peirao de O Grove.

Alí, está prevista unha ruta en catamarán pola ría de Arousa. Esta durará 1 hora e media aproximadamente e inclúe parada nunha plataforma de cultivos de mexilón e ostra. Os/as asistentes tamén poderán desfrutar da visión dos fondos mariños e unha degustación a bordo de mexilóns.

A actividade esperta grande interese entre as persoas con mobilidade reducida (en especial, as usuarias de cadeira de rodas) polo feito de que non soen ter oportunidade de gozar do transporte marítimo debido á escasa accesibilidade coa que contan peiraos e embarcacións.

O xantar está previsto sobre ás 14:30 no Restaurante Viana e durante o mesmo as persoas participantes poderán intercambiar experiencias nunha compañía agradable.

Ao remate, os/as asistentes darán un pequeno paseo polo peirao e estarán de volta sobre ás 18:00 aproximadamente.

 

19 de xuño de 2014 | 10:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.