Allariz acollerá un obradoiro sobre comunicación na sexualidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllariz
A-
A+

A área de igualdade do Concello de Allariz imparte, en colaboración co Centro Quérote+ de Ourense, un obradoiro sobre comunicación na sexualidade.

A actividade, que terá lugar o xoves 5 de xuño, ás 16:30h na Casa da Mocidade, está dirixida ás nais que asisten ao proxecto “xuntas, somos máis fortes”. Os temas abordados na sesión, elixidos polas participantes, centraranse na comunicación, as habilidades sociais, o empoderamento ou a resolución pacífica de conflitos, entre outros.

4 de xuño de 2014 | 18:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.