Allariz acollerá o Campionato de España de Tríatlon de Deporte Escolar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllarizDeportes
A-
A+

O Concello de Allariz, xunto con representantes das Federacións Española e Galega de Tríatlon, presentaban esta mañá no salón de plenos, o Campionato de España de Tríatlon de Deporte Escolar na categoría cadete que se vai celebrar en Allariz do 27 ao 29 de xuño.

O Alcalde Francisco García comezaba a presentación do evento deportivo agradecendo á aposta das federacións na celebración da proba en Allariz que “sen dúbida ten sido referente na localidade, na que todos os veráns dende hai 25 anos, celébrase o Tríatlon de Allariz no que teñen participado figuras de elite como Iván Raña, Saleta Castro ou Aída Valiño. ”

Do 27 ao 29 de xuño ao redor de 120 nenos e nenas en categoría cadete de 15 comunidades autónomas do territorio español disputarán un tríatlon individual (sábado 28) e unha proba de relevo mixto (domingo 29).

Ademais haberá visitas guiadas por Allariz e unha charla coloquio coa intervención de deportistas de elite no Fogar dos Maiores o sábado 28 de xuño.

10 de xuño de 2014 | 17:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.