Alcer Ourense fai campaña a favor da donación de órganos en Celanova
Compoñentes da asociación para a loita contra as enfermedades do riñón, ALCER OURENSE, desprazáronse na mañá de hoxe a Celanova para participar nunha campaña informativa e ó mesmo tempo promover a donación de órganos, coincidindo coa celebración do Día Nacional del Donante de Organos y Tejidos.
O Concello de Celanova cedeulle un espazo nos baixos da Casa do Concello, no cal ó longo de toda a mañá informaron ós veciños de Celanova que se achegaron ó posto sobre distintos pormenores relacionados coa facilidade coa que calquera persoa se pode facer donante de órganos.
O alcalde de Celanova, José Luís Ferro, participou tamén na campaña a recibiu información sobre todos estes pormenores.
A Asociación para a loita contras as enfermidades do riñón ALCER Ourense, ten a súa sede no C.I.S. Aixiña, que está situado na rúa da Farixa, na capital ourensá.











