Alberto Corbacho participa na presentación das finais do Playoff convertido no mellor triplista

Corbacho na presentación das finais do Playoff

Corbacho na presentación das finais do Playoff

O xogador do Rio Natura Monbus, Alberto Corbacho, asistiu á presentación das  finais do Playoff da liga Endesa, en calidade de mellor triplista da competición, cunha media de 3.12 lanzamentos de tres puntos anotados en cada encontro e un total de 106 anotados.

No acto, que tivo lugar no madrileño Palacio dos Deportes, o xogador mallorquino acompañou a Santiago Rodríguez, Presidente de Asprocan (Asociación de Organizacións de Produtores de Plátanos de Canarias) na entrega dun cheque acreditativo ao Banco de Alimentos dos 26.055 quilos de plátanos doados durante a tempada, cinco por cada canastra desde 6.75 metros de cada xogador da liga. Na acción solidaria tamén o acompañaron Felipe Reyes e Juan Carlos Navarro, dous dos finalistas.

O xogador declarou estar “moi orgulloso de pór a miña imaxe e, sobre todo, o meu gran de area nesta acción solidaria”. Ademais, “o deporte sempre debe estar da man de calquera causa social, como a do Banco de Alimentos, que leva anos realizando un labor extraordinario”, engadiu.

Así mesmo, Corbacho tamén participou durante a mañá de hoxe nunha exhibición de lanzamentos de triplos nunha céntrica praza madrileña, na que participaronn varios xogadores e retaron ao público a mostrar a súa puntaría.

19 de xuño de 2014 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.