Agarimo Teatro representa “Alma en pena” no Centro Cívico de Caranza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrol
A-
A+

A programación de xuño do ciclo de teatro afeccionado “Domingos a Escena”, da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, continúa este domingo día 8 coa actuación do grupo Agarimo Teatro (Sillobre-Fene). A obra “Alma en pena” dará comezo ás 19:00 horas no Centro Cívico de Caranza e será gratuíta.

Esta obra conta en forma de comedia que na residencia dos señores de Fonticoba celébrase a petición de man da súa filla pese á delicada saúde do seu pai. Este acontecemento vese alterado pola inesperada chegada dun antigo pretendente da señora. Ciumes, supersticións e pesadelos levan a acción a un remate insospeitado.

4 de xuño de 2014 | 20:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.