Adxudícase o servizo de revisión e mantemento de extintores e sistemas de prevención de incendios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Xunta Local de Goberno acordou na reunión de onte adxudicar á empresa Mantenimiento Contra Incendios S.L. O servizo de revisión e mantemento de extintores e sistemas de prevención de incendios en edificios municipais. Das dúas ofertas presentadas, esta foi a máis vantaxosa economicamente para o Concello.

O contrato adxudicouse por 10.770,45 euros, IVA incluído, o que supuxo unha rebaixa de 5.000 euros respecto ao prezo de licitación. Unha vez que a resolución sexa notificada oficialmente e de que a empresa presente a documentación necesaria, procederase á firma do contrato e, a partir de entón e de xeito inmediato, empezará a renovación de extintores nos edificios municipais.

O contrato establece que a empresa deberá encargarse de revisar periodicamente os extintores e as (BIES) Bocas de Incendios Equipadas das instalacións e edificios municipais, así como do retimbrado e recheo de extintores.

21 de xuño de 2014 | 11:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.